Tipos de Funcións. Función lineal e función afín

Continuamos coa segunda parte de funcións estudando 2 tipos de funcións que teñen como representación gráfica unha recta, pinchando neste ENLACE tes os contidos desta parte.

Gráficas. Como ler as gráficas

Comezamos a 1ª parte de funcións, son contidos que xa tedes que coñecer e serven de repaso para realizar a 2ª parte, neste ENLACE tedes as tarefas que tedes que ir realizando, facedes as tarefas en folios aparte por orde,  indicando Actividade Nº.... 

A linguaxe das Gráficas

Para facer a tarefa que detallarei noutra entrada, tedes que botar unha ollada ao seguinte VÍDEO, este vídeo trata sobre a linguaxe das gráficas. As gráficas tratan de representar de forma clara e sinxela do desenvolvemento de procesos dinámicos

Actividades Nº11 e Nº12

Comezamos a repasar as ecuacións de 2º grado e os sitemas lineares de 2 ecuacións con dúas incógnitas, podes descargar as tarefas a realizar pinchando nos seguintes enlaces Nº 11 e Nº 12

Pitágoras

Preséntovos a Pitágoras, probablemente o matemático grego máis coñecido, é unha figura moi interesante dentro da historia do pensamento. É o filósofo do número e do que algúns afirman, é a figura clave na orixe da filosofía e das matemáticas.

Actividades 9 e 10

Continuamos co repaso deste curso, comezamos coas ecuacións de 1º grao e a resolución de problemas empregando ditas ecuacións, podes descargalos exercicios premendo en Folla Nº 9 e Folla Nº 10, é importante facelas con calma e desenvolvendo todos os pasos necesarios para resolvelas tarefas.